Heredeiros da Crus presentan “Convensidos”, primeiro adianto do seu novo álbum

24 Decembro 2024

Heredeiros da Crus, histórica e sobranceira banda rockeira do Barbanza, fixo coincidir (e non por casualidade) a chegada do Nadal, e do día de Noiteboa, co lanzamento do tema que presenta o seu novo álbum, que publicarán o vindeiro 21 de febreiro. Trátase de Convensido, un lanzamento simbólico que xa podemos ver e escoitar no Youtube, descrito pola banda como un “agasallo de Papá Noel”, que marca a volta do grupo tras máis dun ano de parón.

O novo single aborda, con humor e retranca, a historia dun pai e un fillo que se enrolan no mar. A canción explora a dureza da vida mariñeira a través da particular visión dos Heredeiros, mantendo a súa esencia irreverente malia os anos transcorridos dende o seu debut no ámbito musical. “Para nós, este lanzamento é unha maneira de conectar de novo coa nosa xente tras un ano de descanso. É o primeiro capítulo dun disco no que seguimos explorando novas historias, pero sempre mantendo a nosa esencia”, explican desde a banda.

A historia que guía o videoclip, dirixido por Xaime Miranda e gravado na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, trasládanos a un escenario futurista e disparatado. Un grupo de médicos científicos somete a unha serie de probas rigorosas a varios candidatos para certificar a súa aptitude. Despois de superar exames médicos complexos, só un aspirantes será seleccionado para a proba final: enfrontarse a Bestia, unha arma letal creada polos implacábeis médicos.

Este lanzamento marca o inicio dunha das etapas máis intensas na traxectoria do grupo. Ademais do novo disco, Heredeiros da Crus xa teñen confirmadas as primeiras datas da súa xira 2025, que inclúe actuacións en festivais destacados como o Resurrection Fest (Viveiro) e o Silfest (O Barco de Valdeorras). A banda promete un dos directos máis potentes e ambiciosos da súa carreira, “con novas sorpresas por desvelar”, adiantan.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.