A Pobra comeza a semana repartindo ilusión en formato de caramiñas

23 Decembro 2024

Ao abeiro da campaña Volta o Nadal, voltan as Caramiñas, A Pobra do Caramiñal continúa inmersa na iniciativa dirixida ás redes sociais que sortea 200 euros diarios en formato de vale/caramiñas, ademais do premio final da viaxe familiar a Eurodisney que patrocina a empresa CONGALSA.

Trátase dunha proposta que repite polo Nadal a Concellaría da Promoción Económica.

A edil Amparo Cerecedo fixo entrega de novas caramiñas ás persoas agraciadas nestes días.

“Agora poderán trocar esta moeda en papel nos comercios e establecementos do municipio adheridos á campaña. Esta é unha das medidas que dinamizan a nosa vila a nivel económico por estas datas. Se ben tamén se dinamiza a nivel social ao atraer xente ao noso concello e ao incentivar a que a nosa veciñanza participe nesta actividade”, manifestou Cerecedo.

A dinámica consiste en sacar fotos nos photocall coñecidos como recunchos do Nadal situados na Covecha, no Fogar do Nadal (Casa Mariñeira), no parque de Raquel Fernández Soler, na praza dos Irmáns Axeitos, no Cantón da Leña, na praza Victoriano García Martí e na praza de abastos.

As instantáneas compartiranse no apartado de historias do Instagram mencionando a conta @caraminhasnapobra.

En caso de termos perfil privado, haberá que facer o mesmo proceso e, a maiores, enviar unha captura de pantalla da historia á dita conta da rede social para que así se contabilice para o sorteo.

Poderase optar ás caramiñas ata o día 31 de decembro, mentres que ata o día 5 de xaneiro existe a posibilidade de gaña-la viaxe a Eurodisney entre tódalas imaxes captadas dende o inicio da campaña.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.