Adxudicadas as obras para a mellora do núcleo de Camboño, en Lousame

22 Decembro 2024

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas vén de adxudicar por un importe de 331.954 euros as obras para a mellora do espazo público viario do núcleo de Camboño, no concello de Lousame.

A actuación, adxudicada á empresa Aquablue Sistemas Constructivos S.L., enmárcase no Plan Hurbe impulsado polo Goberno galego co fin de axudar ás administracións locais a financiar diferentes tipos de intervencións urbanísticas.

A través do contrato adxudicado executaranse as obras de pavimentación deste núcleo de poboación, que inclúen actuacións encamiñadas á mellora estética e funcional deste espazo público empregado a día de hoxe como viario e zona de esparexemento cotiá dos veciños do municipio.

Na actualidade o interior do núcleo rural de Chousa, O Corral de Arriba e O Corral de Abaixo, pertencente á parroquia de San Xoán de Camboño neste municipio coruñés, presenta un pavimento de formigón moi deteriorado debido ó paso do tempo e á realización de diferentes reposicións.

Para iso, baixo este contrato executaranse as obras necesarias neste espazo público viario do núcleo rural, nas que se inclúen a substitución do seu pavimento coa mellora dos acabados e do seu aspecto, e a renovación da canalización para a recollida da augas pluviais,  a Instalación de tubaxe para o futuro servizo de auga potable.

As obras, incluirá ademais a Instalación de iluminación publica e o soterramento das redes de baixa tensión e telecomunicacións existentes na actualidade no ámbito de actuación.

A Xunta asume o 70% do orzamento desta intervención, preto de 270.000 euros, e contratará e executará as obras. O Concello achega o 30% restante do custe das obras, máis de 115.000 euros; e ademais de redactar o proxecto, incorporará ao patrimonio público municipal as actuacións que se leven a cabo.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.