Padrón goza co espectáculo aéreo Inanna nun sábado cheo de actividades de Nadal

22 Decembro 2024

As acrobacias aéreas e os malabares e fogos cativadores do espectáculo Inanna fixeron gozar este sábado a padroneses e padronesas nunha xornada
chea de actividades de Nadal, na que tamén se celebraron o festival de panxoliñas e os torneos de chave e de xadrez.
A deusa do amor, da vida, da luz e herdeira do reino dos ceos, bailou suspendida a máis de quince metros de altura baixo unha gran flor iluminada, nun espectáculo que fixo gozar as persoas de todas as idades que se congregaron en Fondo de Vila.
Se sorprenderon as piruetas no aro ou nas cintas de tea que colgaban da flor cunha inmens agrúa mantiña por riba dos edificios, non menos espectaculares foron os malabares e fogos cativadores cos que unha parella sorprendía dende a rúa ao público presente.
Ao rematar este espectáculo, que fora suspendido o pasado 1 de decembro polo mal tempo, os Trasnos de Papá Noel encheron de música as rúas de Padrón, animando a bailar a pequenos e maiores.
Case ao mesmo tempo que a música de Nadal soaba nas rúas, as panxoliñas deixábanse oi no auditorio municipal, no XXXVI Festival de Panxoliñas e Polifonía. Nestes concerto participaron a Asociación Cultural Rondalla de Cariño, a Coral Polifónica de Lalín e a Coral Polifónica Padronesa, e rematou coas tres agrupacións enriba do escenario para cantar xuntas Adeste Fideles.


Chave e xadrez
A intensa xornada deste sábado completouse coas actividades deportivas. Pola mañá, unha 60 persoas participaban no Torneo de chave de Nadal. Chema, Nani e Andrés foron os gañadores desta sexta edición do torneo.

Concello de Padrón • Rúa Longa, 27 15900 Padrón (A Coruña) • Teléfono: 981 810 451 • correo@padron.gal • www.padron.gal A tenente de alcalde, Chus Campos, e o concelleiro de Deportes, Luis Mariño, entregaron os trofeos aos gañadores e tamén os agasallos de Nadal que se sortearon entre todos os participantes.
Pola tarde, o protagonista foi o xadrez, coa celebración da segunda edición do. Torneo Rosalía de Castro Concello de Padrón. Un cento de xogadores e xogadoras de España e de Portugal participaron nesta proba, que se celebrou no pavillón do Souto.
Os primeiros postos do ránking foron para Xullo de Prado, Diego Cacheiro, iván Andrés e Óscar de Prado. O alcalde, Anxo Arca, e a tenente de alcalde, Chus Campos, entregáronlle os premios aos gañadores.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.