Finalmente inauguráronse as novas instalación do Pazo de Martelo en Rianxo, sede da Biblioteca Municipal, logo das obras integrais de rehabilitación levadas a cabo en 2024. Na cita participaron, entre outras autoridades, o alcalde Julián Bustelo, o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González, a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, e máis a arquitecta redactora do proxecto, Sandra González.

Finalizou deste xeito o proxecto de rehabilitación aprobado en 2022 polo Ministerio de Transporte Mobilidade e Axenda Urbana, que foi financiado a través do Programa de Impulso e Rehabilitación de Edificios Públicos (PIREP) con 978.710 euros, con cargo aos fondos do Plan de Recuperación.
María Rivas sinalou que os traballos foron financiados a partes iguais entre Goberno e ou Concello polo que o importe total da obra ascendeu a case dous millóns de euros.
Entre as melloras acometidas estiveron a mellora da eficiencia enerxética, a accesibilidade ao inmóbel coa instalación dun ascensor; acabar cos problemas de filtracións grazas á substitución da cuberta, recuperar a fachada tradicional, e modificar a distribución de espazos para mellorar os servizos que se ofrecen á cidadanía, ampliando a zona de lectura, o espazo de almacenamento e habilitando postos de investigación. “Contades desde hoxe non só cun monumento de primeira orde restaurada, senón tamén cun espazo máis confortábel, polivalente e accesíbel”, sinalou
A subdelegada destacou o papel do Concello de Rianxo, tanto desta corporación como da anterior, “que soubo atender e dar resposta ás demandas dos seus veciños e veciñas e aproveitar a oportunidade única que representan os fondos do Plan de Recuperación do Goberno para transformar os pequenos concellos e contribuír ao seu futuro”.
Finalizou sinalando que ou pazo será “un punto de referencia, non só para Rianxo, senón para toda a comarca do Barbanza. Un espazo cheo de vida e de creatividade, un lugar interxeracional onde conviva a xente nova coas persoas maiores, e en definitiva, unha porta aberta á cultura e ao coñecemento”.
As obras levadas a cabo no Pazo, nun plano máis concreto, dirixíronse a mellorar a accesibilidade ao inmóbel coa instalación dun ascensor; acabar cos problemas de filtracións grazas á substitución da cuberta, recuperar a fachada tradicional, e modificar a distribución de espazos para mellorar os servizos que se ofrecen á cidadanía, ampliando a zona de lectura, o espazo de almacenamento e habilitando postos de investigación.
O Pazo do Martelo é hoxe en día sede da Biblioteca Municipal de Rianxo. Foi propiedade na súa feitura orixinal, na Idade Media, do almirante galego Paio Gómez de Soutomaior, coñecido como Paio Gómez Chariño (1225-1295). O inmóbel foi mercado polo Concello en 1973 e rehabilitado en 1983 polos arquitectos Rafael Baltar Tojo, José Bartolomé Argüelles e Carlos Almuiña Díaz, co obxectivo de convertelo en seda da Biblioteca Municipal.
Nestes últimos anos constatouse que a histórica construción presentaba importantes filtracións de auga que provocaron relevantes deterioros no interior e máis no exterior. Ademais, as fachadas precisan un fondo traballo de restauración, xa que teñen problemas de desgaste provocados polo paso do tempo, pola humidade, polas inclemencias climáticas e pola substitución dos materiais tradicionais que complementaban e daban estrutura ás pedras. Outro punto crítico era a cuberta, que deixaba pasar a auga da chuvia.



