Rematadas as obras do peche perimetral da parcela do Centro de Día do Porto do Son

17 Decembro 2024

O Concello de Porto do Son rematou recentemente as obras do peche perimetral da parcela do Centro de Día do municipio, co obxectivo de “garantir a seguridade das persoas usuarias”. A actuación, financiada a través dun convenio de colaboración co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, contou cunha achega de 49.701,23 euros, establecendo un peche perimetral do centro con portais de acceso na entrada principal e laterais.

O alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, destacou que “esta mellora lévase a cabo co fin de optimizar estas instalación que ofrecen unha gran atención ás persoas maiores da nosa vila”. O rexedor engadiu que “melloramos este centro que ofrece unha alternativa de convivencia e que mantén ás persoas maiores dentro da súa propia contorna, proporcionándolles unha atención integral adecuada ás súas necesidades”

Oujo agradeceu tamén “ao Consorcio Galego de Igualdade e Benestar pola súa constante disposición e por financiar esta actuación que é unha mostra máis do compromiso deste Goberno local coas persoas maiores da nosa vila”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Libros para salir al mundo” – José Antonio Constenla

“Libros para salir al mundo” – José Antonio Constenla

Cuando un autor te deja tan buen recuerdo con sus obras anteriores, uno siempre está dispuesto a seguir leyéndolo. Esto es lo que me pasa a mí con Juan Pedro Delgado Espada, a quien sigo desde aquel Mosquetero del Rey. Ahora he vuelto a disfrutar mucho con sus dos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.