No discurso de clausura do XXII plenario da Asociación Española de Titulados Nutico-Pesquera (AETINAPE), o presidente da entidade, José Manuel Muñiz Ríos, afirmou que “Hoxe non somos unha gran potencia pesqueira. Fómolo. Nen os nosos emprendedores nen as nosas administracións souberon convertela nunha plataforma de futuro, porque se deixaron ir pola rutina, nunca loitaron polo mar, foron ao máis doado, a repartiren prebendas e esquecerse dun sector primario minifundista e desestructurado, xa que non foron quen de revitalizalo”,
Muñiz Ríos reafirmou na Casa Museo Camaño Xestido A Mangallona”, de Coiro (Cangas do Morrazo) o compromiso de Aetinape coa profesión náutico-pesqueira “e reflexionar, debater e ata contrapor a realidade co mundo que nos gustaría vivir”.
Aetinape é unha veterana organización de 42 anos de existenza, que pasou por épocas de grandes conquistas sobre os que, como lembrou o seu presidente, “só podemos facer balanzos positivos” recoñecendo, malia todo, que “por moi venerables que sexan as nosas engurras e polo difícil que sexa que as novas xeracións de titulados se comprometan e participen na vida asociativa, estamos seguros de manter o leme firme, a fronte despexada e as verbas libres, coma sempre fixemos”.

Laióuse Muñiz Ríos do decaimento do mar nas últimas décadas en España, “ata chegar a anecdótica sombra que é hoxe, tan lonxe de grorias pasadas” criticando que en 40 anos nos convertésemos “nun país máis global”, cando Europa nos transformou “nun paseódromo de turistas, nun parque temático para xubilados do norte.
Porque, recoñeceu Xosé Manuel Gil, “os ben materiais chegánnos de Asia; os alimentos, de calquera parte as empresas, entre elas as nosas, poden explotar os recursos e a xente a baixo prezo”.
Coida o presidente de Aetinape que o pouco que nos queda de producir, ou se trata de artesanías, ou de pesqueiras industriais anecdóticas”.
Referíuse posteriormente ao “enmarañamento burocrático de estados de lixo” onde se matricula sen control algún a “nova piratería marítima”, engadindo a continuación que manter o emprego custa a España moitos cartos. Máis son moitos e ben organizados e están concentrados no mesmo centro de traballo, exercen o seu poder e presionan ás Administracións para manter os seus empregos.
As organizacións representativas dos dereitos laborais no mar non existen, engadiu, para se referir dempois á independencia de AETINAPE de todos os poderes políticos e económicosm cfeiti que “ten un duro prezo”. Tivo críticas asimesmo para os políticos “contemplativos que temos” e animou, malia todo, a non ser pesimistas: “se sempre loitamos pola nosa dignidade profesional, seguirémolo facéndoo. Con políticas de seguridade, o reforzo das titulacións, sen portas traseiras “que só buscan aumentar os beneficios duns poucos poñendo en risco a seguridade das tripulacións”.
Lembrando aos que “xa non estàn”, Muñiz tributou sentida homenaxe a cangueses “que mantiveron alta a bandeira de AETINAPE en moitas frontes e en todo momento: García Piay, Olveira, Prendes, Calviño, Guimeráns, Pesqueira e “Tinso”, para rematar con versos de Bernardino Graña e Manolo Rivas.



