“Falece en Arousa un tripulante dunha embarcación mexilloeira” Antón Luaces

13 Decembro 2024

O finado é José Rey Domínguez, coñecido como Pepe Rey, de 75 anos, mariñeiro “de toda a vida” e pai da patroa da embarcación auxiliar mexilloeira Hermanos Rey. Con eles formaba parte da tripulación do barco accidentado, a parella da patroa. Ambos os dous foron rescatados e postos a salvo por mexilloeiros da zona, e trasladados ao porto de Meloxo (O Grove) ao que o barco, de 13,5 metros de eslora e casco de madeira se dirixía cando, ás 9,30 horas da mañá deste xoves, o Centro de Coordinación de Salvamento Marítimo Fisterra, de Porto do Son, recibiu o sinal de socorro emitido pola embarcación grovense.  Barállase que a  causa máis probable do naufraxio poido ser o corrimento dunha carga de mexillón mal estibada. A embarcación quedou proa ao sol no Con Roibo.

Atra o lugar do accidente desprazouse a embarcación de Salvamento Marítimo Mar de     Sargadelos, que foi a recuperou o corpo de Pepe Rei nunha zona dois 15 metros de fondo.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...