Saldo migratorio positivo de Galicia que alcanza novamente cifras históricas en 2023, con 25.738 persoas

13 Decembro 2024

A Secretaría Xeral da Emigración celebra os recentes datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE), que evidencian un ano excepcional en termos de migración e retorno a Galicia. Así, segundo a Estatística de Migracións e Cambios de residencia de 2023 publicada hoxe, Galicia
experimentou un saldo migratorio positivo de 25.738 persoas, unha das mellores cifras de toda a serie histórica, continuando coa tendencia dos últimos anos, nos que Galicia gaña poboación grazas a todas esas persoas que deciden residir na nosa Comunidade.
Este saldo favorable inclúe tanto o movemento migratorio con países estranxeiros, que sumou 23.337 persoas, como co resto das comunidades autónomas de España, con 2.401 persoas.
Ademais, 2023 marcou un fito importante para a comunidade galega, xa que por terceiro ano consecutivo se acadou unha cifra histórica de retorno. Un total de 8.459 galegos decidiron voltar a Galicia desde os seus respectivos países de residencia, elixindo a súa terra de orixe para asentarse de novo. Este aumento no número de retornados acompáñase dun significativo incremento no total de persoas que optaron por trasladarse
a Galicia desde o estranxeiro en 2023.
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, afirma que “son uns datos extraordinariamente positivos. Volvemos romper o teito de cifras de retorno a Galicia e iso evidencia que as políticas do Goberno galego no seu conxunto son as axeitadas, pero tamén que os galegos do exterior entenden que Galicia é un lugar adecuado para desenvolver o seu proxecto de vida”.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.