Ambar celebrou unha xornada sobre educación inclusiva

13 Decembro 2024


Este mércores 11 de decembro a Asociación Ambar das persoas con Diversidade Funcional celebrou no seu centro de recursos de Frións (Ribeira) unha Xornada de Edudiversa impartida por Lidia Mariño, facilitadora de inclusión da entidade inclusiva do Barbanza. A sesión desenvolveu en formato aberto para toda a comunidade de docentes, facilitadores e orientadores e contou cunha asistencia de 20 persoas. A xornada formativa de Edudiversa tratou sobre conceptos básicos, ferramentas e adaptación de materiais. Profundouse sobre medidas de actuación a nivel persoal e académico, metodoloxías activas e ferramentas de traballo e adaptación de materiais e espazos para un aprendizaxe inclusivo.

As persoas asistentes tiveron oportunidade de coñecer diferentes ferramentas para favorecer a aprendizaxe inclusiva. Tamén recibiron nocións sobre lectura fácil, linguaxe clara, estratexias de comprensión ou mesmo a organización da aula en base a diversos factores en función do espazo que puideran favorecer a atención da alumna ou alumno.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.