Quen queira comezar o Nadal con música tradicional galega vai ter este domingo 15 de decembro en Boiro (diferentes localizacións) unha boa oportunidade para facelo. Haberá tres grandes puntos de celebración: no Centro Social de Abanqueiro a partir das 18.30 horas, no Centro Social de Cespón a partir das 19.00 horas e no Pazo de Goiáns, tamén a partir das 19.00 horas. A axenda do domingo comezará co Festival de Nadal de Xilbarbeira e seguirá co Nadal Tradicional de Abeloura e culminará coas Alalás do Camiño de Santiago de Uxía, Germán Díaz e Sérgio Tannus.

FESTIVAL DE NADAL XILBARBEIRA
Data: domingo 15 de decembro
Hora: 18.30 horas
Lugar: Centro Social de Abanqueiro
Descrición: festival de Nadal de Xilbarbeira.

FESTIVAL DE NADAL ABELOURA
Data: domingo 15 de decembro
Hora: 19.00 horas
Lugar: Centro Social de Cespón
Descrición: festival de Nadal da Asociación Cultural Abeloura.

ALALÁS E CANTIGAS DO CAMIÑO DE SANTIAGO
Data: domingo 15 de decembro
Hora: 19.00 horas
Lugar: Pazo de Goiáns
Descrición: Concerto Alalás e cantigas do Camiño de Santiago con Germán Díaz, Uxía e Sergio Tannus.



