O BNG esixe á Xunta a urxente mellora do transporte público en Dodro

10 Decembro 2024

O BNG lanzou un comunicado no que esixe á Xunta “a mellora urxente do transporte público de Dodro coa ampliación de liñas e máis bonificacións, en especial para a mocidade”. A agrupación demanda ao Goberno galego que cumpra os contidos da iniciativa do BNG de Dodro aprobada en sesión plenaria por maioría e que recolle, entre outras cousas, ampliar a frecuencia de autobuses entre Dodro e Padrón. A iniciativa, rexistrada no Parlamento Galego, é unha acción máis da campaña que está a desenvolver o BNG de Dodro para a urxente mellora do transporte público, imprescindíbel, ao seu ver, “para a dinamización social e económica do concello e para frear a marcha de poboación a entornos urbanos da comarca”.

O grupo parlamentario do BNG, a través da deputada adscrita á comarca, Iria Carreira, esixirá á Xunta que cumpra cos contidos da iniciativa nacionalista aprobada por maioría no pleno de Dodro do pasado mes de setembro. Na iniciativa, o BNG denuncia en especial “a falta de comunicación con Padrón, nunha liña que non ten autobuses no horario de 8:00 horas por Dodro e ás 14: 30 desde Padrón, o que dificulta o acceso a centros de ensino, saúde ou postos de traballo”. O BNG de Dodro reclama polo tanto crear liñas regulares diarias que pasen por Dodro- Lestrobe- Padrón sobre as 8:00 hs e outra liña Padrón – Lestrobe – Dodro sobre as 14:30. A iniciativa tamén abrangue medidas sociais como a bonificación para a mocidade, ligadas ao Carné Xove, para as persoas que excedan a idade máxima da Tarxeta Xente Nova e gratuidade no transporte público para estudantes, ademais da unificación de tarifas no concello para evitar as discriminacións.

Estas demandas do BNG son tamén reflexo das reivindicacións das veciños e veciñas, que asinaron unha solicitude para que se cumpra o plan de melloras presentado. “A recollida de sinaturas demostra o apoio social que existe a estas medidas xa que a mellora do transporte público para a veciñanza de Dodro é unha urxencia se non queremos que o concello esmoreza”, sinalou o concelleiro Xoán Bautista Mariño que lamentou tamén que, a tal altura, “nin o Goberno municipal nin a Xunta atendera ás reclamacións que se producen desde hai anos”. Engadiu que “no BNG seguiremos insistindo até que consigamos un transporte público de calidade, que permita que as veciñas e veciños podan desenvolver a súa actividade vivindo en Dodro”.

Pola súa parte, a deputada do BNG, Iria Carreira, comprometeuse a defender no Parlamento as demandas da localidade para que Dodro poda ter unha comunicación fluída con outros concellos, en especial, con Padrón, con quen mantén especial relación súa poboación. “Infelizmente, o problema do transporte ten varios focos de atención na comarca que precisa máis liñas e frecuencias para responder ás necesidades da veciñanza, e en Dodro esta situación afecta de maneira especial co cal reclamarémoslle á Xunta que poña fin a esta situación de maneira urxente”, afirmou a deputada.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.