Vista Alegre (Boiro) acolle este domingo un partido entre benéfico entre Clero e Garda Civil

10 Decembro 2024

Este domingo 15 de decembro vaise celebrar en Boiro, no Campo de Fútbol de Vista Alegre, un encontro solidario de fútbol entre representantes do Clero e a Garda Civil, destinado a recadar fondos en beneficio de Cáritas. Dará comezo ás 17.00 horas.

Os detalles do partido foron dados a coñecer os días pasados polo alcalde de Boiro, José Ramón Romero, o párroco de Boiro, Juan Bermúdez, e o subtenente da Guardia Civil, José Antonio Fernández.

Segundo explicaron, a actividade vai consistir nun partido de fútbol solidario, “unha iniciativa que xa se desenvolveu noutros municipios e que resultou moi proveitosa e que queremos retomar aquí en Boiro nestas datas previas ao Nadal para axudar a aquelas persoas máis vulnerábeis”, afirmou Juan Bermúdez.

“Dende a Garda Civil de Boiro estamos moi contentos de poder participar neste encontro xunto con persoal doutras unidades e poder facer a máxima recadación para unha boa causa”, recoñeceu José Antonio Fernández.

As entradas terán un prezo de 3 euros anticipada e 5 euros na billeteira e todos os beneficio irán destinados a Cáritas. O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, animou a toda a veciñanza a colaborar con esta iniciativa “que ten unha finalidade solidaria, que é contribuír á importante labor que Cáritas, en colaboración cos Servizos Sociais e con outras entidades do municipio, realiza para axudar ás familias máis vulnerables nunha época tan significativa como é o Nadal”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.