A música tradicional e os novos talentos centran a axenda de Nadal no Auditorio de Rianxo

07 Decembro 2024

O tenente de alcalde e concelleiro de Cultura de Rianxoi, Julio Alcalde, presentou a programación de actividades deste Nadal no Auditorio de Rianxo. A axenda inclúe un completo menú de música que pon o foco nos estilos tradicionais e, tamén, nos novos talentos. O programa comeza o 14 de decembro ás 18.00 horas co Festival de Nadal da Asociación Vai de Roda e prosegue o 21 ás 11.00 horas co Festival de Nadal da Escola de Música de Rianxo, primeira parte. Na mesma xornada do 21 ás 20.30 horas celebrarase o Festival de Corais de Arousa e Ulla.

O 22 de decembro pola mañá, ás 11.00 horas, desenvolverase a segunda parte do Festival de Nadal da Escola de Música de Rianxo. Pola tarde, ás 18.00 horas, será a quenda da terceira parte do Festival da Escola de Música.

O 27 de decembro ás 20.00 horas celebrarase o concerto de Fin de Ano da Escola de Música de Rianxo.

O 28 de decembro ás 20.00 horas será a quenda do Festival de Nadal da Asociación Cultural Fogo Fatuo.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.