Correos instala caixas de correos de Nadal en Noia, Boiro e Ribeira

04 Decembro 2024

Correos vén de informar que até o día 5 de xaneiro, os nenos e nenas do Barbanza que o desexen poderán depositar as súas cartas para Papá Noel, os Reis Magos e o Apalpador nas caixas de correos que instalou nas oficinas postais de Noia, Boiro e Ribeira. Ademais de “fomentar o espírito do Nadal”, esta iniciativa tamén pretende “fomentar a práctica da escritura entre os máis pequenos da casa”. Por iso, este Nadal, nas oficinas con caixa especial e a través de Correos Market, tamén se poderán conseguir packs máxicos que conteñen cartas para escribir os desexos, sobres especiais e adhesivos con motivos do Nadal para decoralas e que chamen a atención dos seus ilustres destinatarios.

Ademais, poderanse adquirir selos máxicos personalizados coa figura de Papá Noel e dos reis Gaspar, Melchor e Baltasar en todas as oficinas de Correos e en Correos Market. Correos leva 29 anos celebrando o Nadal con caixas de correos especiais para recoller os desexos dos nenos e nenas e encargarse de entregarllos directamente aos seus destinatarios en Laponia e en Oriente. Tamén este Nadal os equipos de voluntarios e voluntarias de Correos volverán achegarse a varios hospitais de España a recoller as cartas dos nenos e nenas ingresados. Así, ademais de entregar un detalle aos máis pequenos, asegúranlles que os seus desexos chegarán directamente ás mans de Papá Noel e os Reis Magos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.