O ribeirense Óscar Casais, candidato de CxG á Presidencia da Xunta

04 Marzo 2020

Compromiso por Galicia (CxG) celebrou en Ourense un Consello Nacional Extraordinario, designando a Óscar Casais como o candidato da formación á Presidencia da Xunta de Galicia, a proposta feita polo secretario xeral, Piñeiro Docampo.

Casais, quen tamén é cabeza de lista pola provincia da Coruña, manifestou, xa como candidato, que “recibo o encargo do CN, coa mesma ilusión e gañas de traballar coas que me sumei no seu día a CxG. O proxecto que mellor reflexa a realidade da sociedade galega. Faremos unha campaña digna centrada en ofrecer solucións aos problemas dos galegos e galegas.”

Pola súa parte, Piñeiro Docampo expresou que “CxG viña propondo unha liña de unidade de acción no eido das forzas galegas dende o 28A do 2019. Non puido ser, En Marea desfíxose politicamente e o BNG decidiu falar soamente coa súa esquerda, unha esquerda rupturista. Nese escenario CxG non renuncia a seguir traballando dende a teima de que o noso proxecto non se asenta en botar a ninguén, senón en que Galicia avance.”

Óscar Casais exerce como xefe do servizo de bombeiros do parque comarcal de Ribeira e xa se presentara por CxG á Alcaldía ribeirense nos comicios municipais de 2019, sen chegar a acadar representación na corporación municipal, mais continuando vinculado ao partido.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.