Comeza a conta atrás para a II Gala do Deporte de Outes, este 20 de decembro

03 Decembro 2024

A concellaría de Deportes do Concello de Outes vén de lembrar que o vindeiro 20 de decembro levarase a cabo “un acto de exaltación e recoñecemento dos nosos deportistas, institucións, clubs e empresas patrocinadoras do deporte no concello”. Trátase da nova edición (a segunda) da Gala do Deporte de Outes. O acto celebrarase na Casa da Cultura da Serra, o venres 20 a partir das 20:00 horas. Previamente haberá unha recepción de autoridades e prensa con ágape incluído ás 19:15 horas. Confirmacións de asistencia en deportes@outes.gal. Os premios da gala inclúen as seguintes categorías: Mellor Deportista Outense 2024 (masculino e feminino), Mellor Deportista Promesa Outense (masculino e feminino), Mellor Adestrador/a, Mellor Equipo, Mellor Club, Mellor Patrocinio e Mellor Evento do Ano. Ademais, resérvase para a comisión técnica deportiva o premio Mencións Especiais ano 2024.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.