A viaxe a Eurodisney da campaña comercial de novembro da Pobra xa ten gañadora

02 Decembro 2024

A campaña comercial de novembro na Pobra do Caramiñal chegou ao seu fin co sorteo da viaxe a Eurodisney na mañá deste 2 de decembro. A agraciada foi Charo Vázquez, quen porá rumbo a este anaco de Francia cheo de maxia xunto con outras tres persoas.

Un total de 50 comercios participaron nesta campaña que se desenvolveu do 9 ao 30 de novembro, con heteroxeneidade de establecementos:
salóns de peiteado, tendas de roupa, alimentación, servizos…

“Quixemos poñer en marcha esta iniciativa coa que dinamiza-la economía da nosa localidade nunha época de menor fluxo como é o mes de
novembro. E, como antesala á época do Nadal, decidimos sortear unha viaxe a Eurodisney entre as compras durante esas datas co afán de
animar a mercar na Pobra”, declarou a concelleira da Promoción Económica, Amparo Cerecedo.

C.P.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.