Cómo tódolos anos o 03 de decembro celebramos o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Unha data que nos debería reflexionar un pouco, para mirar onde estamos no grao de cumprimento de leis e decretos respecto ao tema.
O réxime de 1978, tróuxonos unha Constitución Española, e nesa Constitución aparte de varios artigos e antes da súa reforma, pois estaba este artigo:
Artículo 49.

Los poderes públicos realizaran una política de previsión, tratamiento, rehabilitación e integración de los disminuidos físicos, sensoriales y psíquicos, a los que prestarán la atención especializada que requieran y los ampararán especialmente para el disfrute de los derechos que este Título otorga a todos los ciudadanos.
A simple vista é moi bonito, se non o puxeran de adorno para que todo quedase igual como estaba. Houbo que facer moitas reunións e xuntanzas entre partidos políticos, quedando deste xeito:
«Artículo 49.
- Las personas con discapacidad ejercen los derechos previstos en este Título en condiciones de libertad e igualdad reales y efectivas. Se regulará por ley la protección especial que sea necesaria para dicho ejercicio.
- Los poderes públicos impulsarán las políticas que garanticen la plena autonomía personal y la inclusión social de las personas con discapacidad, en entornos universalmente accesibles. Asimismo, fomentarán la participación de sus organizaciones, en los términos que la ley establezca. Se atenderán particularmente las necesidades específicas de las mujeres y los menores con discapacidad.»
Pois para isto non facía falta tanta reunión “nin farrapos de gaitas”, porque polo feito de cambiar unha palabra ou expresión non quere dicir que se vaia a cumprir.
Na Galiza temos unha Lei de Accesibilidade chamada Lei 10/2014 do 3 de decembro de accesibilidade (DOG 17-12-2014), está aí sen que sexa desenvolvida mediante decretos como debería ser, pero polo que se ve, as persoas con discapacidade non somos o suficiente para
poder armar barullo na opinión pública; porque as leis se non se cumpren e se desenvolven non serven para nada.
Cando as persoas con discapacidade pedimos aos partidos políticos, temas como eliminación de barreiras arquitectónicas ou prazas de estacionamento para persoas con mobilidade reducida, parece que pedimos cousas imposíbeis.
Non quería dicilo, pero non o vou a calar. Teño visto persoas que sen ter a mobilidade reducida, pois aparcan o seu vehículo nas citadas prazas reservadas coa desculpa “es que son cinco minutos de nada”, ou certos bares poñen as terrazas no verán enriba das ramplas onde
teñen que ir as cadeiras de rodas.
En fin, deixemos que se poda celebrar o Dia Internacional das Persoas con Discapacidade con toda normalidade.



