Accidente de tráfico cunha persoa ferida leve na AG-11, á altura de Rianxo

30 Novembro 2024


Os bombeiros do Parque Provincial de Boiro participaron durante esta tarde nun operativo na autovía AG-11, no km14 dirección Ribeira, á altura de Rianxo.

Na colisión, un vehículo impactou contra a media e quedou atravesado no carril esquerdo da estrada. No accidente resultou ferida  leve unha persoa, que foi trasladada en ambulancia. 

No operativo colaborou Policía Local de Rianxo, Garda Civil de Tráfico e persoal de mantemento da autovía. 

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito á folga” – José Manuel Pena

“Dereito á folga” – José Manuel Pena

A folga está recoñecida como un Dereito Fundamental na Constitución española, concretamente no seu artigo 28, entendendo como algo necesario para defender os intereses socioeconómicos e profesionais dos traballadores. Así mesmo o artigo 4 do propio Estatuto dos...

“As ilusións transformadoras” – Xosé González Martínez

“As ilusións transformadoras” – Xosé González Martínez

En 1983 as persoas que circulaban polas tres estradas que converxían na vila de Redondela sorprendéronse un día coa aparición duns paneis de grandes dimensións colocados nas beiraestradas dándollela benvida aos viaxeiros nos catro idiomas cooficiais do Estado...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.