“Traballo digno” – José Manuel Pena

27 Novembro 2024

Actualmente ter traballo non é garantía para poder levar unha vida digna. Isto é unha realidade e cada vez máis o podemos comprobar. Un mariñeiro de cuberta, que traballa na pesca marítima, non dispón dun salario mínimo garantido, porque algunhas empresas por “tradición e costume” e ao non querer adherirse aos convenios provinciais, apenas pode facer fronte aos gastos máis elementais do seu día a día.

Esta familia, como outras moitas da nosa contorna, vese abocada a acudir á asistencia social para poder comer, afrontar os gastos de desprazamentos en transporte público para realizar xestións administrativas ineludibles, abonar o gas, a luz, etc. . Un dos seus fillos, que é consciente da situación familiar, acaba de cumprir a maioría de idade díxolle á súa nai que quere deixar de estudar para buscar un traballo e poder axudar á familia.

É un pouco triste constatar como hai traballadores, dalgúns sectores produtivos, que gañan máis cobrando as prestacións por desemprego que traballando. Estas situacións non favorecen a procura activa de emprego e atenta contra as normas básicas do Estatuto dos Traballadores e de calquera normativa laboral, incluíndo os propios convenios colectivos. A precariedade económica dalgunhas familias, a escaseza de emprego e a necesidade de atoparse activo, tendo un horario e unha obrigación diaria fai que certas empresas, sen escrúpulos, cheguen a ter contratados a auténticos escravos no canto de traballadores.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...