Novas actividades para este mes na Pobra do Caramiñal

05 Xullo 2019

20190705. Co obxectivo de dinamizar o comercio local pobrense, do 10 ao 16 de xullo instalarase unha tirolina na praza Maior. Para conseguir unha viaxe tan só hai que reunir cinco selos mercando na Praza de Abastos e no pequeno comercio. Cantas máis compras, máis posibilidades de desfrutar desta experiencia.

Ademais, a Semana do Mar chegará ao concello do 12 ao 19 deste mes. Entre a programación inclúese a Feira Mariñeira do 12 ao 14, a Expo Mariñeira do 12 ao 17, unha visita sensorial á praia da Corna o 12, o remonte do Ulla o 14, a nova web de Turismo o 15, a Exhibición Club Remo o 16, a Exhibición Radio Control o 17 e o Turismo Mariñeiro o 19.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.