A Xunta e a FEGAMP consensúan os criterios para a elección dos terreos portuarios innecesarios que se incluirán na 1ª fase de reversións ao Estado

26 Novembro 2024

A Consellería do Mar e a FEGAMP veñen de consensuar os criterios que determinarán a elección dos terreos portuarios que se incluirán na primeira fase de reversións de superficies de dominio público portuario á Administración Xeral do Estado. Así o manifestaron o conselleiro do Mar, Alfonso Villares,  e o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias, Alberto Varela (alcalde de Vilagarcía), nunha reunión na que tamén participou o presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, na que o representante do Executivo galego presentou a proposta de actuación da Xunta de Galicia e agradeceu a colaboración da FEGAMP no proceso.

Villares explicou que a sentenza do Tribunal Constitucional que declarou constitucional a Lei de Ordenación Integral do Litoral de Galicia (LOXILGA) establece un novo marco que permite reimpulsar o proceso de reversións. “Por este motivo, nos vindeiros días celebraranse reunións cos concellos implicados para presentar as propostas técnicas elaboradas por Portos de Galicia para a delimitación concreta das superficies declaradas innecesarias para a actividade portuaria, susceptibles de reversión e contrastadas coas dos concellos”, dixo, poñendo o foco “na complexidade do proceso, que ten que culminar coa aprobación no Consello de Ministros”. Segundo dixo, logo das reunións con concellos os trámites a seguir serán a elevación da proposta ao Consello Reitor de Portos de Galicia, a remisión a Consellería de Facenda, dadas as súas competencias en materia de patrimonio, que o elevará ao Consello da Xunta. Logo da aprobación remítese á Administración Xeral do Estado para a súa tramitación e aprobación en Consello de Ministros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.