Martes 26, ceo anubrado con risco de chuvias febles e ocasionais

25 Novembro 2024

Galicia atoparase nunha situación meteorolóxica intermedia entre altas e baixas presións, o que deixará ceos con intervalos nubrados ao longo da xornada. As nubes serán máis compactas no litoral atlántico, onde se prevén chuvias de carácter feble e ocasional.

As temperaturas manteranse estables, sen cambios significativos tanto nas mínimas como nas máximas. En canto ao vento, soprará de compoñente sur. No interior, serán frouxos con intervalos moderados, mentres que na costa soprarán de forma moderada, intensificándose ata alcanzar intensidade forte no litoral noroeste.

meteogalicia

O noso mar: Vento do sur, forza 3 a 5 á mañá e 4 a 5 á tarde e á noite. Marusía á mañá e forte marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa á mañá e á tarde e regular á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2.5 a 3.5 metros á mañá, 2 a 3 metros á tarde e 1.5 a 2.5 metros á noite.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

  1. Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
  2. Praia de Balieiros directo- Corrubedo
  3. Praia da Ladeira directo- Corrubedo
  4. Praia das Furnas directo. Porto do Son
  5. Praia Aguieira directo.Porto do Son
  6. Portosín. Porto do Son
  7. Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
  8. Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
  9. Centro Náutico do Freixo
  10. Praia de Carnota
  11. Praia de Corón Vilanova de Arousa
  12. O Grove

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.