Os bombeiros do parque Provincial de Boiro participaron esta tarde nun operativo provocado por un accidente de tráfico á altura don punto quilométrico 21,5 da AC-305.
A incidencia foi provocada pola colisión entre dous vehículos e á chegada dos bombeiros un deles xa non estaba no lugar. O operativo consistiu na limpeza de restos desprendidos.




