Querían seguir na mesma e na mesma casa da mesma cidade, na que vivían dende hai
tempo, moito tempo, máis do que parece. Aínda que ti pares, mires ou deixes de mirar, de
ver e de escoitar, o tempo segue co seu ritmo constante e non se para con ninguén ou por
calquera. A ela moito lle gustaría ser a ama do tempo, encariñarse co reloxo e pousar os
seus anhelos nunha folla calquera de calquera árbore. Alí estarán moi ben o tempo que
sexa, cando menos, mentres non pase o inverno. E, detrás dun inverno chega outro, e
detrás outro ata que ningún dos presentes saiba cal será a súa última invernía.
Adelaida, a mestra dunha dos milleiros de unitarias espalladas por Galicia, a mediados do
século pasado, alardeaba gozosa do seu nome galego e de pasar a maioría dos invernos da
súa vida, con invernías diferentes, sen luz e sen abrigo, sen calzado e con sabañóns en
abundancia de noite e de día, nas mans, nas orellas e no nariz. Os invernos eran longos e
escuros, con tanta escuridade que non se podía entender a beleza da luz.
Cando chega a primavera, todo cambia. A mirada dos escolares cambia, a actitude dos
maiores suavízase e o mundo camiña, a paso lento, cara ao verán dos ilusionados
veraneantes. Daquela, todo se esquece, xa non hai mal tempo, nin frío na escola. A roda
segue rodando, mentres o clima vai cambiando, como sempre.
A Adelaida gustaríalle ser a ama do clima, para cambialo ao seu gusto e para que as choivas
fosen sempre moderadas e amorosas. Quen mandará no clima? A natureza, sen a
intervención humana, non é capaz de tanta perversión, de tanta ruindade. Que pasa? Que
estará pasando no mundo para que se sucedan as desgrazas, tanto desastre e tanta malura?
A ciencia e os científicos deberían aplicarse para prever e ver o que vai pasar e dende as
instancias gobernamentais deben poñer medios, habilitar protocolos, avisar á cidadanía e
cumprir coas súas obrigas, sempre e en cada caso. Os gobernantes non dan feito, están na
trincheira agochados; na realidade, desorientados e todos eles queren que se ordene o
mundo conforme aos seus caprichos.
A cidadanía queda ao pairo mirando para a televisión e escoitando como aumenta a presión
bélica, como se mata impunemente, como se destrúen cidades, infraestruturas, casas,
conciencias e corazóns. Ao pairo e desprotexida diante da acción violenta da traxedia, de
calquera desgracia e das mentiras entrelazadas e cacarexadas por aquelas e aqueles que
poñen todo o seu interese na reviravolta. A Tía Manuela teno claro: “Cómpre cambiar de
póla”.
“José María Fonseca Moretón, el vino como bandera y Galicia en el corazón”. Javier García Sánchez
Los caldos gallegos alcanzaron en él la máximadimensión mundial llegando a mercadosinsospechados. Solo a un genio como él se le pudo ocurrirconvocar un concurso de cartelismo para dar aconocer el caldo que contienen las botellas deTerras Gauda. De este modo evocaba a...



