Muros acollerá o día 14 de decembro a entrega dos XVIII Premios Barbantia da Cultura

22 Novembro 2024

O vindeiro sábado 14 de decembro desenvolverase na Casa da Cultura de Muros a partir das 12.30 horas a presentación do XX volume Barbantia. Anuario de Estudos do Barbanza (2024) e máis a celebración da gala dos XVIII Premios Barbantia da Cultura 2024, que recoñecen e distinguen as persoas e iniciativas (artistas, escritoras/es, axentes culturais, proxectos, etc) máis sobranceiras da nosa comarca en materia de impulso, divulgación e creación cultural. O palmarés será elixido a través dos votos das socias e socios da asociación Barbantia, proceso que está aberto até o 29 de novembro e ao que a comunidade de Barbantia pode contribuír a través do correo electrónico barbantia@barbantia.es ou por correo ordinario á sede da asociación no enderezo (AC Barbantia, Avenida principal 77, 4º andar, Centro Social – 15930, Boiro). Haberá tres galardóns: Premio Barbantia á Traxectoria Cultural 2024, Premio Barbantia á Iniciativa Cultural do Barbanza 2024 e Premio Barbantia da Cultura Galega 2024.

Ademais, o venres 29 de novembro Barbantia estará presente na Libraría Espacio Lector Nobel do concello de Boiro presentando o libro Sístole, de Fe Núñez ás 20.00 h.

Máis información na web de Barbantia.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.