En marcha (até o 11 de marzo) a dezaseis edición da Semana Cultural do IES de Ribeira

02 Marzo 2020

Neste arranque de marzo, dende o día 2 até o 11, estase a celebrar a dezaseis edición da Semana Cultural do IES de Ribeira. Haberá, como cada ano, un completo programa de actividades, todas elas encamiñadas, dende diferentes frontes e formatos, a estimular a creatividade e o talento das e dos estudantes do dito centro docente, incluíndose regueiras, obradoiros de parkour, talleres de música, recantos de tecnoloxías ou conferencias sobre igualdade. O cartaz da Semana Cultural é de destacar mesmo antes de meternos a ler a letra pequena: é unha coidada bra de arte de Daniel Abad, que foi o gañador do concurso para a elaboración do cartel. Quen queira ver detalladamente a axenda de cousas previstas, ten o díptico á súa disposición, en liña e en formato PDF.

Este luns 2 de marzo comezaron as actividades coa presentación da Semana Cultural no salón de actos. Ao longo do día de hoxe, houbo un planetario virtual, un obradoiro de xornalismo na escola, un corredor de tecnoloxía, un taller de papiroflexia e unha conferencia sobre medicamentos, entre outras moitas cousas.

Este martes as actividades comezarán cun obradoiro de gravado (ás 9.30 para o alumnado de cuarto da ESO, impartido polo Museo de Artes) e proseguirán con talleres sobre elaboración de xabóns e papiroflexia. Inclúense varias visitas ao devandito Museo de Artes e conferencias sobre investigación do cancro e de doenzas dexenerativas, e sobre como seleccionar e mellorar o cultivo in vitro de árbores autóctonas galegas, entre outras actividades.

O mércores o programa comeza cunha carreira de orientación no Parque Periurbano de San Roque e proseguirá con todo tipo de obradoiros (musicais, de expresión corporal, etc), culminando ás 11.30 horas, no patio cuberto do instituto, cunha gran batukada colectiva. Ás 12.50 está prevista unha conferencia sobre investigación en microgravidade.

Os días seguintes seguiremos resumindo o programa previsto de talleres, charlas e visitas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“País de emigrantes” – José Manuel Pena

“País de emigrantes” – José Manuel Pena

Galicia para ser un país de emigrantes aprendeu moi pouco sobre o tratamento laboral cara aos novos inmigrantes que chega en busca de novas oportunidades. Lembrar, cando algún galego marchábase para Suíza, EE.UU, Arxentina, Canadá, Alemaña ou Gran Bretaña. Os peores...

“Quen o sabe?”. Luís Celeiro

“Quen o sabe?”. Luís Celeiro

Non sei por que ni a santo de que vén á cabeza deste escribidor o caso insólito de Manoliñodas Filgueiras. Ocorreu nos primeiros anos da década do sesenta do século pasado e deixousen fala aos seus familiares, aos mestres que tiña, aos fregueses da parroquia, aos...