Medio Ambiente e o alumnado do CFEA de Lourizán plantan 120 sobreiras no Parque Natural de Corrubedo

21 Novembro 2024

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, visitou este xoves 21 de novembro o Parque Natural de Corrubedo, onde avogou “pola recuperación de especies autóctonas para garantir a preservación da biodiversidade dos espazos protexidos da Comunidade”.

No encontro que mantivo co alumnado da Escola de Capataces do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) de Lourizán que está a participar no plantado de 120 sobreiras nese espazo protexido, a conselleira incidiu “na importancia deste tipo de actuacións pola súa contribución á conservación ambiental, á restauración dos ecosistemas e á promoción de prácticas sostíbeis que benefician tanto á natureza como ás comunidades locais”.

Nesa liña, Ángeles Vázquez explicou que a sobreira é unha árbore que “proporciona un hábitat importante para diversas especies de flora e fauna” e, ademais, “serve para controlar a erosión dado que as súas raíces axudan a estabilizar os solos, que é fundamental nas áreas dunar e ribeirega”. Salientou tamén que “as sobreiras son árbores que almacenan carbono, o que contribúe a mitigar os efectos do cambio climático ao capturar CO2 da atmosfera”. De feito, segundo lembrou a representante autonómica, “os terreos forestais absorberon 9,7 millóns de CO2 en Galicia no ano 2022, o que representa case a cuarta parte de todo o carbono almacenado por este tipo de solo en España”.

Durante a súa intervención, a conselleira agradeceu a colaboración do persoal e do alumnado do CFEA de Lourizán, que, ademais de participar na actuación desenvolvida este xoves, tamén se encargaron do acondicionamento da semente, que foi recollida nas inmediacións do parque natural e cultivada no viveiro de Maceda.

Este tipo de accións de mellora e protección da biodiversidade van en liña co Plan reitor de usos e xestión (PRUX) deste parque natural, que foi aprobado no ano 2021 e ao abeiro do cal xa se levan investidos 2,5 M€.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.