O Concello de Muros abre o prazo de inscrición nos campamentos Concilia Nadal

20 Novembro 2024

O Concello de Muros abriu o prazo de inscrición nos campamentos Concilia Nadal para nenos e nenas nadas entre 2013 e 2021, que se celebrarán en dúas quendas no CEIP Ramón de Artaza y Malvárez e na EEI Tal de Abaixo.

“A conciliación da vida familiar e laboral é unha prioridade para o Goberno local, un aspecto fundamental para acadar a igualdade con servizos como o de Madrugadores ou este Campamento de Nadal”, asegurou a alcaldesa de Muros, María Lago.

“Trátase dunha alternativa de lecer, con actividades guiadas polos monitores para que os nenos e nenas aproveiten as horas que pasan no campamento, sempre dunha forma lúdica e festiva”, engadiu Laura Rivadeneira, concelleira de Ensino.

A solicitude de preinscrición remata ás 14.00 horas do 29 de novembro. No suposto de que o número de solicitudes supere ao número de prazas dispoñíbeis, o sorteo público será o 4 de decembro e a lista provisional de admitidos publicarase o 10 de decembro na web do concello e na sede electrónica.

Teñen prioridade os nenos e nenas empadroadas en Muros con proxenitores traballando en horario de mañá. Haberá 30 prazas por quenda, que se establecen da seguinte forma: 23, 26, 27 e 30 de decembro e 2, 3 e 7 de xaneiro no CEIP Ramón de Artaza y Malvárez, e 23, 26, 27 e 30 de decembro e 2, 3 e 7 de xaneiro na EEI Tal de Abaixo. O horario será de 09:00 a 14 horas.

Para recibir máis información, as persoas interesadas poden dirixirse ao departamento de Servizos Sociais do Concello de Muros (981 762 411) ou ás oficinas do Centro Cultural e Xuvenil de Muros (981 762 294). Tamén na web www.muros.gal.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.