A unidade de Hemodiálise do Hospital do Barbanza celebra os 20 anos de certificación ininterrompida do seu selo de calidade

20 Novembro 2024

A unidade de Hemodiálise do Hospital da Barbanza celebra 20 anos de certificación ininterrompida do seus sistema de xestión de calidade. Obtivo a certificación inicial segundo a norma internacional UNE-EN ISO 9001 en 2004, sendo dos primeiros servizos asistenciais do sistema público de saúde de Galicia en lograr este recoñecemento internacional. Amais logrou manterse de modo continuo ata a actualidade, renovándose por parte de AENOR en 2024.

Segundo informan dende a Consellería de Sanidade, “esta certificación acredita o compromiso continuo coa excelencia na asistencia e o coidado dos pacientes por parte de todos os profesionais que nalgún momento formaron parte desta unidade ao longo destes anos, nos que teñen afrontado con solvencia e rigor as dificultades e cambios, mantendo o seus excelentes resultados”.

A Xunta explica tamén que os sistemas de xestión de calidade constitúen “unha valiosa ferramenta para a sistematización das mellores prácticas no desenvolvemento dos procesos asistenciais e a medición e mellora continua do desempeño e dos resultados dos servizos sanitarios, así como a valoración da satisfacción e expectativas dos pacientes e a avaliación anual do cumprimento dos requisitos mediante auditorías, internas e externas”.

A sistematización das mellores prácticas e a busca constante da mellora nos procesos aseguran que os pacientes reciban a mellor atención posíbel, e este enfoque de xestión permite aos equipos asistenciais orientar o seu labor na atención centrada no paciente, para responder ás súas necesidades e expectativas de modo efectivo.

Pola súa parte, as avaliacións anuais, tanto internas como externas, aseguran que os servizos cumpran cos máis altos estándares de calidade, fomentando unha cultura de mellora continua na organización. A implantación desta cultura de avaliación nos servizos, que coordina a Subdirección de Calidade, reflicte o compromiso da Xerencia da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza coa excelencia na atención sanitaria.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.