Eduardo Romero presenta na Pobra unha viaxe literaria polos tempos viquingos

19 Novembro 2024

A Pobra do Caramiñal acolle esta semana a presentación do libro El tallista de runas, de Eduardo Romero Rueda. Este libro ofrece unha viaxe pola historia de Gunnar Swansson, alcumado Rune, un monxe beneditino noruegués que se ve arrastrado nunha misión secreta en terras de Jakobsland, enfrontando perigos e desafíos mentres busca cumprir o seu destino.

O público pobrense terá ocasión de coñecer máis polo miúdo esta obra no acto que terá lugar no venres 22, ás 20.00 horas, no auditorio da biblioteca municipal Victoriano García Martí.

Acompañarán ao autor, a concelleira da Cultura, Patricia Lojo; o escritor e coordinador da Asociación Cultural Barbantia, Juan Pastor Rodríguez; e o xornalista e escritor, Manuel Gago.

O acceso é libre ata completa-la cabida.

Outros artigos

No Son abriu o prazo dos cursos creativos municipais

O Concello de Porto do Son abriu o prazo para participar na nova oferta de obradoiros e actividades formativas e creativas dirixidas á veciñanza para o curso 2026/2027. As clases darán comezo neste mes de outubro e abranguen disciplinas tanto artesanais como...

+

Volve o Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro

A Fundación Rosalía de Castro e a Secretaría Xeral da Lingua presentaron hoxe a VIII edición do Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro, coa que as dúas entidades, en colaboración con El Corte Inglés, pretenden fomentar a creación poética en lingua galega á vez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.