“Running”, da Esther Carrodeguas, chega este sábado a Porto do Son

19 Novembro 2024

A primeira edición da Mostra de Teatro de Porto do Son segue adiante con máis funcións en novembro. Esta fin de semana (o sábado 23 de novembro) representarase o espectáculo Running de De Ste Xeito. Será na Casa da Cultura de Porto do Son a partir das 21.00 horas. As entradas están xa á venda na oficina da Área de Cultura en horario de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas. Por certo que ás 21.00 horas pecharanse as portas do auditorio.

Running é “unha suorenta comedia” protagonizada por Stephy Llaryora e Sergio Macias, que terán que suar a camiseta para meterse na pel de todos os personaxes desta vertixinosa comedia. A dramaturxia e a dirección corren a cargo da escritora e actriz rianxeira Esther F. Carrodeguas.

Organiza o Concello coa colaboración de Cultura da Deputación da Coruña / Deputación da Coruña.

Sinopse

Xulia e Román acábanse de coñecer. Fillas e fillos de parellas anteriores. Nais divorciadas. Avós na residencia. Adolescentes na idade do pavo. O pequeno coa crise dos 8. Os maiores coa dos 40, coa dos 50, coa dos 60. Clases de ioga para liberar a tensión, patinaxe artística os luns, danza jazz os martes. E ser taxista. Das fillas, dos fillos, das fillas dos demais, do pai, da nai, da avoa, dos curmáns. E os deberes. Os deberes do colexio e o resto dos deberes. Deberes e obrigas. Coidar de todo e de todos menos dun mesmo. Como facer que as axendas cadren? E por outra banda: de verdade quero empezar algo novo que poida supoñer máis deberes e menos pensar nun mesmo?

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.