Píscore representará no Elma a cuarta das funcións do ciclo teatral do outono da Pobra

18 Novembro 2024

O ciclo teatral do outono está a piques de chegar ao seu fin na Pobra do Caramiñal. “Durante estas datas tivemos sesións para rir, pero tamén para reflexionar a través da arte. Na última fin de semana de novembro asistiremos á cuarta das representacións e despediremos o ciclo xa a comezos de decembro”, explicou a concelleira da Cultura, Patricia Lojo, con relación a esta programación que conta coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Píscore subirá ás táboas do Teatro Cine Elma no domingo, 24 de novembro, ás 19.00 horas, con Molto Barroco. É unha reivindicación das composicións musicais barrocas dende o teatro. Pola ocasión do baile de petición de casamento á súa prometida, un rei europeo do século XVII encárgalle unha peza orixinal ao compositor da corte. Isto desencadea unha serie de escenas cómicas entre o compositor e os seus tres músicos, ademais dun triángulo amoroso no cal se ve involucrada a futura raíña.

A entrada é libre ata completar a cabida.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.