“A Basteira, unha praia de Cariño que superou a época da “morca” para entrar na de Portos de Galicia” – Antón Luaces

18 Novembro 2024

O municipio coruñés de Cariño con algo menos de 4.000 veciños, ten unha superficie de 47 quilómetros cadrados no territorio do Ortegal, o que lle outorga unha densidade de poboación  de 78,7 habitantes por quilómetro cadrado. Na capitalidade do concello fica a parroquia que da nome a este e, coma concello, constitúe o número 313 da comunidade autónoma de Galicia grazas a que a veciñanza soubo defender xudicialmente o seu dereito á segregación do concello de Ortigueira, certificada esta o 21 de xaneiro de 1988.

 Dolmes e laxes falan da antigüidade da poboación desta terra dende o monte do Limo á punta da Herbeira, pasando polo castro da Moura e os da Punta do Castro e de Cancela. Mesmo en San Xiao do Trebo, que acubillou debaixo da capela os restos dunha vila romana. 

O grande salto económico e social de Cariño produciuse entre os séculos XIX e XX, cando se converteu nun importante porto pesqueiro e fabril grazas a apertura de fábricas de conservas e a iniciativa de migrantes doutras zonas de España que, amais das fábricas de conservas e salgaduras, procuraron man de obra feminina (practicamente máis do 60% das mulleres tiñan traballo neste sector, mentres que a maior parte dos homes compatibilizaban traballo na pesca e na agricultura e gandaría). 

Daquel vello esplendor só quedan as lembranzas da emigración -masiva- a Francia, Suíza, Inglaterra e Alemaña, xunto cos que optaron por outras comunidades españolas.

Hoxe en día, Cariño é un pobo que non ten doado retomar o pasado e no que prosperan un cento de ucraínos aquí asentados e ben acollidos polos cariñeses. Uns e outros non saen do seu asombro: a praia da Basteira, situada case no centro de  Cariño e un dos grandes atractivos turísticos do concello, está a ser a protagonista dunha actuación que mobilizou o pobo para, na pasada fin de semana, constituír unha asociación veciñal que aguilloe á corporación municipal en vista da nula oposición que esta fai á Xefatura da Costas, a Portos de Galicia e á Xunta no proxecto de dragar o porto para que poidan atracar sen problemas os barcos que aquí cargan mineral de dunita e troncos de madeira que deixan un indiscutible beneficio a prol da Xunta de Galicia que, aparentemente, non se traduce en melloras para os cariñeses, convertido o seu pobo nunha enorme residencia de anciáns e con poucos, escasos, cativos.

Cariño perdeu a práctica totalidade da súa frota pesqueira, perdeu o 99% das fábricas de conserva e salazón, perdeu os tres cines que tiña. Non se habilitan servizos de garderías infantís, non hai policía municipal e cando precisan os veciños dos servizos da Garda Civil (que antes tiñan) han agardar a que veña de Ortigueira (distante 10 quilómetros) un coche patrulla. 

A area que se extrae do fondo mariño do porto están a amontoala no fondo da praia da Basteira, co que acaban coas posibilidades do marisqueo na zona e acoutan áreas moi utilizadas polo turismo para o baño ou tomar o sol, creando ao dicir popular, un beneficio  para a Xunta e Portos de Galicia que “non se explica”. Esa mesma area, con trazas evidentes de pedras de dunita que impiden o baño e a cría de marisco, debería ser devolta á mina de Landoi nos mesmos camións que a guindan no porto cariñés e que, en non pouca cantidade, vai parar ao mar na manobra de carga dos barcos que veñen por ela  cada poucos días, segundo fontes da confraría.

A confraría de pescadores de Cariño non entende a pasividade da alcaldesa diante destes feitos. E a Xunta determina que os estudos realizados por Portos de Galicia “recoñecen” a “calidade da area” depositada na praia da Basteira. E tira a conclusión de que esa area “presenta unha granulometría compatible cos sedimentos da praia”. 

O patrón maior da confraría de pescadores, Carlos Pardo, é decidido partidario de que unha institución allea á Xunta practique unha contraanalise dos vertidos, pero a Xunta, afirmou Carlos Pardo a este xornal, “non admite a mesma porque non a controlaría”. 

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.