“Na ourela da normalidade”. Luís Celeiro

16 Novembro 2024

Estaba na ourela da normalidade, no extremo, na esquina, na mesma marxe do precipicio,
da barranca da anormalidade, xunto do abismo. E alá segue agardando que escampe. Mira
para arriba e para abaixo, para a dereita e para a esquerda e todo o que ve e sente é medo.
Agárrase á varanda, aperta as mans, encolle o peito e o seu corazón acelérase a máis de mil
por hora. Non entibia nada. A dor polos mortos e polas perdas, ao contrario, agrándase e
medra.
Na ourela da normalidade non se pode falar, nin parar; o perigo acosa e a miseria espállase
á mesma velocidade que se agrandan as correntes de lodo, esas que carrexan miseria e
producen indefensión na xente que vive do seu traballo. En Valencia foi moito e aquí, en
calquera outra parte, tamén. Uns falan, prometen e viaxan mentres outros aguantan, miran
e dóense do que pasa, dos que sofren caladamente, dos que non poden facer nada e teñen
que, obrigatoriamente, rabiar con irritacións na súa propia conciencia.
Miseria política, dialéctica, organizativa e comunicativa, con fango e con lodo nas bocas
abertas e faladoras. Miseria económica e perda de valores, de reflexos, de comprensión e,
máis aínda, perda de familiares e amigos, de bens, de lembranzas e de miradas. Neste
momento, cómpre pensar naqueles que o perderon todo, todo o que tiñan. Incluso os que
non tiñan nada, perdérono todo.
No entanto, os políticos seguen ao seu (hai quen di que sempre o fixeron), manteñen o
ritmo e abonan os improperios, para ofender canto máis mellor e se é a moitos, mellor
aínda. O pobo está doído, nesta ocasión, máis ca nunca e ninguén sabe como curar as
cruentas feridas sanguentas. Ninguén sabe de onde veñen. Se alguén de vostedes, amigas e
amigos lectores, pode achegar algunha luz indicativa, fágano, dígano coa súa propia voz,
como se entoaran unha das cantigas que iluminan o futuro.
Que ninguén defenda, por favor, que o zorro sexa o gardián do poleiro. Efectivamente, hai
que procurar que non sexan os ladróns os que vixían aos que rouban. Hai moito que facer
para conseguir que a sociedade, e cada un dos seus integrantes, sexa libre, aínda que só
sexa, como dicía Uxío Novoneyra, “libre pra servir”, “libre pra non ser” ou “libre pra
morrer”.
Co lodo nos pés, na cara, nos ollos, na lingua ou na alma, non se pode ser libre para falar nin
para soportar o silencio. Se a xente berra, que berre. Que esixa respecto, traballo e salario,
dignidade e comprensión na acción, na ourela e no centro da normalidade mesma.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

+

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.