“Pai, dígame que lle fixeron ao río que xa non canta?” – Antón Luaces

16 Novembro 2024

Non sei se míster Trump (Donald) fai o que fai porque lle convén, porque o sinte así, porque non da para máis, ou porque, directamente, os estadounidenses quixeron comprobar se, realmente, o inferno existe e non porque o tío Donald vira como os migrantes ilegais comían gatos e cans porque os que non teñen carta de residencia en USA son así de famentos e desesperados e cómpre botalos fóra do país ainda que sexa a patadas.

Sexa cal sexa o resultado, así será tamén o grao de afectación da maior parte dos cidadáns do mundo porque cando os estadounidenses esbirran, o resto do  mundo ten tos e febre alta.

Por este motivo emprego a canción de Joan Manuel Serrat: “Pai, digame que lle fixeron ao río, que xa non canta?. Que esvara coma eses peixes que finaron baixo un palmo de escuma branca. Pai, o río xa non é o río; antes de que chegue o veràn, agoche todo o que está vivo. Que lle fixeron ao bosque, pai, que non  hai nen unha árbore?”.

É preguntar acusando, acusar con conciencia; apuntar co fusil da verdade conexa, dicir sen molestar fodendo: que están a facer os políticos galegos coa praia da Basteira, no concello de Cariño, que perdeu as dunas e agora perde a area da concha porque alguén decide a dragaxe do porto no que a cada pouco un barco carga a dunita que os camións que a esparexen no peirao traen da mina de Landoi e converten a praia nunha sucursal de pedras e merda?. 

Pai, por que o concello é mudo cando tanto falaban da anterior corporación municipal cariñesa?. Pai, que vai ser da Galicia que non quería eucaliptos se agora Altri e a concesión da súa explotación no corazón da nosa terra obrigan a prantar moitos máis eucaliptos dos que xa temos para encher os petos dunha industria de celulosa que nen sequera é galega?. Pai, porque tantos erros no deseño do futuro da nosa terra que hai quen dí está subsidiada porque somos maioría de vellos no censo?.

Pai, por que non hai tarrafas, traíñas, barcos no porto de Cariño cando o porto estaba vai uns anos ateigado deles e agora non pita a serea da lonxa anunciando a descarga de chicharro, de sardiña?… Pai, por que os nosos pobos pesqueiros perden a súa identidade en troques doutros que a gañan con barcos aquí perdidos?…

Pai… por que nos montes galegos zoan os eólicos e os habitantes desta terra ven como o seu futuro queda a expensas do que outros decidan?…

Pai, dígame por que en Portugal un 25 de abril o pobo era quen máis ordea e, na Galicia, o pobo é quen menos decide?…

Pai: algo vai mal aquí e non somos quen de amañalo. Haberá que remedialo constituindo, coma piden en Cariño, unha asociación de veciños que decida o futuro

 dun pobo que xa non  ordena?.

Pai, dígame que lle fixeron, que queren facerlle a Galicia?…

Outros artigos

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.