A Asociación de Mulleres da Barbanza celebrará o 8 de marzo cunha xornada participativa de murais en Ribeira

02 Marzo 2020

A Asociación de Mulleres da Barbanza vén de facer un chamamento a pechar fileiras arredor da celebración do 8 de marzo, o Día Internacional da Muller Traballadora, cuxa nova edición porá o foco nas mulleres que se adican as coidados e apenas reciben recoñecemento, dignificación nin compensación de ningún tipo por parte do sistema económico e social vixente. O lema desta convocatoria será o seguinte: Sen coidado non hai vida, mudando o sistema, derrubando o patriarcado. Mulleres da Barbanza adhírese de maneira integral a esta reivindicación para “poder compatibilizar os coidados co traballo remunerado, unha necesidade que reclamamos dende o século pasado e que aínda a día de hoxe non é unha realidade”.

A cita convocada polo noso colectivo local será na xornada do domingo na praza de España de Ribeira, onde se levará a cabo un acto reivindicativo (de 11 a 13 horas) e máis a lectura dun manifesto. Previamente á lectura levaranse a cabo, colectivamente, murais feministas na contorna da devandita praza. Están chamadas e chamados e participar non só as mulleres de Ribeira e da comarca, senón tamén familias enteiras co fin de acadar a máxima repercusión (“toda a veciñanza en xeral para aportar o noso grao de area no pintado dos murais feministas”). A asociación tamén manifestou que será be recibido material diverso de pintura por se se dese o caso de que non houbese de abondo.

Outros artigos

Ribeira presenta o programa de conciliación para o verán 2024

Concello O segundo tenente de alcalde Vicente Mariño e a concelleira Tania Redondo presentaron hoxe o programa de conciliación Días Sen Cole de cara ao verán deste ano 2024.A área de Servizos Sociais Comunitarios impulsa os campamentos de conciliación durante as...

+

O Concello recoñece os logros do Natural Sport de Ribeira

O Concello de Ribeira organizou este martes 21 de maio un acto de benvida e recoñecemento ao Club Natural Sport, co obxectivo de distinguir aos seus destacados logros nos campionatos galegos de 2024. A cita tivo lugar no salón de plenos do Concello, onde estaban...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Toda la noche remando…”. José Castro López

“Toda la noche remando…”. José Castro López

Es difícil saber si la derrota de los partidos independentistas catalanes generó en susdirigentes, además de decepción, más frustración que reflexión, pero ese veredicto delas urnas evoca el dicho popular “toda la noche remando para morir en la orilla”.Después de...