A costa do Barbanza agocha segredos que podes intuír camiñando pero non comprender na súa totalidade. O noso compañeiro Fran axúdanos cada pouco neste punto e fainos remontar o voo en diferentes recunchos da comarca, todos eles interesantes de contemplar a centos de metros de altura, alí onde, de poder subir polos teus propios medios, teríache gustado levar unha chaqueta e outras prendas contra o frío (se cadra unha rebeca). A cámara e o dron do noso compañeiro andaron este mes por Castiñeiras e Aguiño (ao fondo), retratando o camiño que nos leva á punta do Castro, ao Carreiro e, xa case saíndo de cadro, a illa de Sagres, que, co seu famoso home-penedo, parece ser o último sitio “sivilizado” (daquela maneira) antes da inmensidade do Atlántico.




