O Concello do Son celebra o 25N con debates, xornadas de traballo e cursos

14 Novembro 2024

O Concello de Porto do Son organizou un completo programa de actividades para desenvolver en diferentes puntos do municipio con motivo do 25N, Día para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. A axenda comezou en outubro, co impulso da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional Contra a Violencia de Xénero, con dúas xornadas de traballo que reforzaron a súa actividade (o 23 e o 30) e prosegue o 18 de novembro, cun encontro debate dirixido ao alumnado do IES sonense: Hai saída grazas a ti.

O 21 de novembro celebrarase a acción formativa Educación sexual na familia, dirixida a nais, pais, titores legais ou responsábeis na crianza. Será no Centro de Interpretación do Castro de Baroña de Porto do Son (Concello Vello), de 16.30 a 18h (inscricións no 981 867 414).

O 25N presentarase o cuarto Plan de Igualdade do Concello de Porto do Son 2024-2028 e celebrarase na Piscina Municipal o curso aberto para adolescentes e adultos Aquagym en igualdade de Soom Management (inscricións a través do 604051189.

Ademais, este mes desenvólvese un curso para mulleres sénior e profesionais do sector: Prevención de malos tratos e violencia de xénero contra mulleres maiores. Será no Viveiro de Empresas. Inscricións no 981 867 414.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.