Rianxo recibe un kit de ferramentas eléctricas para atención ás emerxencias

14 Novembro 2024

O Concello de Rianxo recibiu unha subvención da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia para equipamentos de emerxencia. En base a esta subvención, Rianxo poderá contar cun dos 28 kits de ferramentas eléctricas para a atención ás emerxencias aos que podían acceder municipios de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupación de concellos galegos. “Trátase dunha achega moi importante que reforza o equipamento do que dispón o Concello de Rianxo e, particularmente, a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, que nos fai máis efectivos á hora de velar pola seguridade de todos os veciños e veciñas”, destacou o rexedor. O obxectivo da incorporación deste material é facilitar as tarefas do servizo de Protección Civil e emerxencias tales como a atención en accidentes ou emerxencias de calquera tipo, así como a colaboración e apoio en materia de seguridade en probas deportivas e outros eventos,

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.