“Irresponsabilidade política” – José Manuel Pena

12 Novembro 2024

A irresponsabilidade dalgún gobernante continúa de triste actualidade, a raíz da catástrofe natural, na provincia de Valencia, e algunhas outras comunidades autónomas do noso país. O peor de todo foron os máis de douscentos falecidos, a maioría por unha falta de prevención e toma de decisións por parte dos responsables da comunidade valenciana.

Escoitando, lendo ou vendo, certos medios de comunicación, tratan de que as culpas sexan compartidas entre os responsables do estado, o goberno central, o autonómico, o provincial e os municipios. O obxecto é evidente, tratar de ocultar as principais responsabilidades que recae no presidente da comunidade autónoma, ao que protexen desde o seu partido, tanto a nivel autonómico como nacional. O Partido Popular continúa mentindo, lanzando trolas e embarrando sobre todo o que se lles cruza no seu camiño para eliminar responsabilidades.

Os galegos xa estamos afeitos, a raíz da catástrofe do Prestige, do pasotismo e a ocultación de responsabilidades do gobernante. A culpa sempre a teñen os demais, ben é do clima, do temporal, das correntes, do capitán do barco, das riadas, etc. . , pero nunca dos responsables políticos que son os encargados de protexer á poboación.

A solidariedade, como sempre, envorcouse coas zonas afectadas pola catástrofe e niso céntranse os responsables políticos autonómicos para ocultar as súas vergoñas.

Outros artigos

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Falece un home tras ser atropelado en Cee

Un home faleceu esta mañá tras ser atropelado na VG-1.4, ao seu paso pola parroquia de Toba, en Cee. O accidente produciuse no quilómetro aproximado 4 da vía. Un particular contactou co 112 Galicia ás 07:45 horas para informar do atropelo. Segundo indicaba, a vítima...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.