Chegan as primeiras centolas da tempada

11 Novembro 2024

Este luns desembarcaron as primeiras centolas da tempada nos portos galegos. Este martes chegarán aos mercados, pero xa se venderon nas lonxas como na de Ribeira e no Grove . 

Son moitos os mariñeiros que agardaban a apertura da veda para saír ao mar. O primeiro día deixou capturas escasas, pero moi bo produto. Agardan que cheguen os ventos cálidos do sur e o mar de fondo, a situación ideal para que a campaña sexa abundante. 

Tras unha selección a bordo, aos portos chegan os mellores exemplares, este ano cun incremento do prezo mínimo de venda en lonxa ata os 12 euros o quilo. Ata as lonxas achegáronse compradores de diferentes puntos do país na busca do crustáceo estrela das mesas de Nadal. 

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.