O venres 15 inaugúrase a mostra “A Cor de Boiro”

11 Novembro 2024

Este venres 15 de novembro inaugúrase en Boiro, no Centro Social a partir das 17.00 horas, a exposición A Cor de Boiro, que reúne os traballos realizados no I Encontro de Pintura en Cadernos de Acordeón, certame de debuxo e pintura ao aire libre celebrado nas rúas do termo municipal (con cadernos, itinerarios e propostas temáticas previamente fixadas) e organizado pola Asociación Olloboi e La doce, coa colaboración do Concello de Boiro.

Poderase visitar no Pazo de Goiáns do 15 ao 29 de novembro. Contouse coa colaboración do artista Leandro Lamas, creador convidado nesta primeira edición do encontro, que incluíu premios para as obras máis destacadas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Servizos públicos de calidade” – José Manuel Pena

“Servizos públicos de calidade” – José Manuel Pena

Unha gran parte de cidadáns, responsables e comprometidos, déronse conta de que se está privatizando a sanidade, a educación ou a dependencia, piares fundamentais de calquera país moderno e democrático. A usura e a corrupción de moitos gobernantes poñen de manifesto...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.