Incendio nun arrastreiro galego no Gran Sol

09 Novembro 2024

O arrastreiro vigués Armaven Tres viviu momentos de tensión a pasada noite do mércores tras declararse un incendio na súa sala de máquinas. A tripulación solicitou axuda de urxencia, e a rápida intervención da garda costeira irlandesa foi clave para extinguir o lume e garantir a seguridade do buque e dos mariñeiros.

Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais, e o Armaven Tres foi remolcado a porto sen maiores incidentes. Este non é o primeiro contratempo do arrastreiro, que xa en 2021 vivira unha situación crítica ao quedar á deriva no Gran Sol despois dun golpe de mar que afectou o seu sistema de navegación.

TVG

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.