A Xunta propón declarar o Ano Castelao no 2025 coincidindo co 75 aniversario do seu pasamento

06 Novembro 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, anunciou no pleno do Parlamento que proporá a todos os grupos representados na Cámara a adopción dun acordo para declarar no 2025 o Ano Castelao, coincidindo co 75 aniversario do pasamento do intelectual, escritor e artista rianxeiro.

Con esta proposta, resaltou, “temos a oportunidade de celebrar a unión de todos os galegos e galegas cun gran pacto ao redor da nosa cultura, simbolizada nunha das figuras clave da nosa identidade” e, xa que logo, “abrimos unha porta a permanecer todos xuntos polo que nos une, permitíndonos levar a cabo accións que poñan en valor os nosos fitos e prestixien a nosa lingua”.

Así, o representante da Xunta situou esta iniciativa, para a que dixo agardar “o consenso de todas as formacións”, no marco de actuacións coas que o Goberno autonómico quere impulsar e prestixiar o uso do galego entre a sociedade.

Lembrou que a devandita únese a outras propostas que se porán en marcha como son cursos en ámbitos específicos, como o sanitario, e sobre o que onte avanzou co responsábel da Consellería de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, ou os programas de voluntariado lingüístico para organizar grupos de conversa.

Estas son algunhas das medidas que figuran no documento presentado aos grupos parlamentarios nas primeiras reunións mantidas hai uns días para traballar nun Pacto pola Lingua e que continuarán en breve, así como se iniciarán tamén esta semana os encontros con outras institucións que participarán do proceso.

Tal e como recordou o responsable de Lingua do Goberno galego na interpelación sobre o Pacto pola Lingua, a súa proposta baséase en 5 liñas: a renovación do Plan xeral de normalización da lingua galega coa creación de comisións de traballo antes de final de ano formadas por persoas de recoñecido prestixio; a posta en marcha dun plan de 50 medidas para impulsar o uso do galego en diversos eidos; o incremento  dun 30% da partida destinada a accións de dinamización da lingua nos orzamentos de 2025; situar a CRTVG como catalizadora da lingua, favorecendo produtos en galego, e seguir as recomendacións da Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias como folla de ruta.

López Campos concluíu que con todo este proceso “pretendemos construír unha Galicia próspera na que a nosa lingua siga a ser un sinal de referencia, con liberdade,  sen xerar escenarios conflitivos, e atendendo aos cambios sociais”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.