Ribeira refórzase na loita contra os lumes

05 Xullo 2019

20190705. O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publicou hoxe que o Concello de Ribeira pon en marcha dous procesos selectivos para a contratación dunha brigada de prevención e defensa contra incendios forestais e catro condutores de vehículos motobomba.

A brigada contra o lume estará formada por un xefe de brigada, tres peóns e un peón condutor. A duración dos contratos será de tres meses.

Tamén serán de tres meses os contratos dos catro motobombistas, orientados á prestación do servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais.

Os interesados poden presentar as súas solicitudes, xunto co resto da documentación, no prazo de 5 días hábiles en ambas convocatorias.

As bases de contratación poden atoparse na páxina web www.riveira.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.