Aberta a nova vía de conexión de Fafián, en Ribeira

05 Novembro 2024

A Xunta pon en servizo a nova vía de conexión da aldea de Fafián, en Ribeira, cun investimento autonómico de 860.000 euros

A Xunta vén de poñer en servizo a nova vía de conexión entre a estrada provincial DP-7305, que conecta Ribeira con Aguiño a través de Carreira, e a aldea de Fafián.

Este treito da conexión da aldea de Fafián, aberta á circulación deste este pasado xoves, día 31 de outubro, forma parte do trazado da futura Variante de Ribeira.

As obras, cuxos traballos víronse moi condicionados polas malas condicións meteorolóxicas do outono, inverno e primavera pasados, consistiron na execución dos 220 metros de lonxitude que ten a nova vía. A mesma comeza na conexión coa estrada da deputación mediante unha nova glorieta de 34 metros de diámetro e finaliza en Fafián.

Esta vía de novo trazado dispón de 2 carrís de 3,5 metros de ancho e beirarrúas de 2,10 metros. As beirarrúas na marxe da estrada teñen como obxectivo garantir un itinerario peonil continuo e seguro para o tránsito dos veciños.

Como intervencións complementarias, procedeuse á reposición do firme dos viarios urbanos afectados; e á reposición dos camiños de servizo, executando dous pequenos treitos para garantir o acceso ás leiras.

Ese pequeno tramo de 220 metros de nova vía permite captar un tráfico estimado de case 4.300 vehículos, o 3,4% de vehículos pesados.

Fotos: Xunta

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.