Integrados (Amicos) abre as inscricións para a gala final en Ribeira do proxecto “Everyday is a training day”

05 Novembro 2024

O novo Auditorio de Ribeira acollerá o próximo sábado 16 de novembro a gran gala final do proxecto Everyday is a training day. O evento de peche contará con intervencións de entidades especializadas en deporte e cultura adaptados, actuacións culturais e distintos obradoiros inclusivos. As persoas interesadas en participar neste acto aberto a toda a cidadanía xa poden anotarse a través do formulario de inscrición habilitado.

A través deste encontro, mostraranse a grandes trazos algunhas das conclusións e actividades deseñadas no marco do proxecto.

Everyday is a training day é unha iniciativa coordinada pola Asociación Integrados, integrada á súa vez na entidade da nosa comarca Amicos, coa colaboración de Scout Society e Krik, e financiado pola Unión Europea no marco do programa Erasmus+. A iniciativa xurdiu co obxectivo de achegar e promover hábitos de vida saudábeis, inclusivos e accesíbeis entre a poboación, tanto neurotípica como neurodiverxente.

Así, o acto comezará cunha pequena benvida por parte do equipo de Integrados, así como a presentación deste proxecto, o primeiro internacional da entidade. A continuación realizarase un panel no que intervirán clubs deportivos e culturais como Tuxeleires Rugby Club, Fundación ENKI, Fundación IgualArte, Club Kempo Barbanza e San Xerome Emiliani.

Tras un breve descanso amenizado polo dúo circense Vuelta y Media, realizarase un primeiro bloque de obradoiros centrados de ergonomía postural e expresión corporal. De seguido, levarase a cabo unha demostración de kempo e conduciranse varios espazos de lecer inclusivo.

O evento pretende “mostrar o traballo realizado ao abeiro desta iniciativa de cooperación internacional, que naceu co propósito de crear conciencia sobre a necesidade de que o deporte e os espazos nos que se practica sexan accesíbeis para todas as persoas, ao tempo que busca promover a actividade física mediante distintos exercicios e prácticas adaptados”.

Everyday is a training day naceu ao abeiro do proxecto Erasmus+, da cooperación internacional entre entidades de España, Romanía e Macedonia do Norte. Así, o consorcio está formado pola Asociación Integrados, pertencente á entidade española Amicos, en colaboración con Scout Society de Romanía, centrada no fomento do voluntariado e o desenvolvemento da comunidade local entre a xuventude, e o centro xuvenil Krik con sede en Macedonia do Norte, especializado na realización de formación, reunións e obradoiros. O proxecto conta con financiamento da Unión Europea.

Outros artigos

No Son abriu o prazo dos cursos creativos municipais

O Concello de Porto do Son abriu o prazo para participar na nova oferta de obradoiros e actividades formativas e creativas dirixidas á veciñanza para o curso 2026/2027. As clases darán comezo neste mes de outubro e abranguen disciplinas tanto artesanais como...

+

Volve o Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro

A Fundación Rosalía de Castro e a Secretaría Xeral da Lingua presentaron hoxe a VIII edición do Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro, coa que as dúas entidades, en colaboración con El Corte Inglés, pretenden fomentar a creación poética en lingua galega á vez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.