“Canaveiras e barro: Felipe, fai o que poidas, por favor” – Anton Luaces

04 Novembro 2024

A localidade valenciana de Paiporta xa ten un lugar de seu na historia tráxica dos anegamentos polo reborde de ríos e regatos que, amais de se levar vidas humanas e de animais, arrasaron leiras e desfixeron historias acabadas de comezar ou en vías do seu remate. Paiporta, zona cero da DANA que destruíu case 30.000 soños doutros tantos habitantes desta vila asolagada polas riadas dos días precedentes, quedou practicamente sen nada porque choveu sobre mollado e auga caída e encorada ata se converter nun mar imparable quen a puxo no mapa do mundo pola destrución e os mortos. E Paiporta foi por este motivo, escenario no que un grupo de -disque- ultradereitistas, liberaron as súas frustracións guindando ramallos, lama e insultos sobre representantes do Estado e da Autonomía valenciana representados polos Reis de España, o presidente do Goberno e o presidente da comunidade autónoma que a todos acubillaba.

Dúas -entre outras- obras do mesmo autor, o avogado e xornalista Vicente Blasco Ibáñez (Cañas y barro e La barraca) xurdiron na miña memória coas imaxes desas agresións que, sendo físicas para algunhas das persoas que -talvez tardíamente algunhas delas- acompañaban e coidaban ás autoridades, resultaron bochornosas non só para os agredidos senón tamén para moitos dos que seguiamos polos medios audiovisuais o que en Paiporta ocorría: “Batiste se metió en la acequia hasta las rodillas, colocando la barrera que había de detener las aguas, mientras su hijo, su mujer y hasta su hija atacaban con los azadones el ribazo, abriendo boquetes por donde entraba el riego a borbotones”. 

E, máis adiante, “La tierra cantaba de alegría con un goloso glu-glu que les llegaba al corazón a todos ellos. “Bebe, bebe, pobrecito”, y hundían sus piés en el barro yendo emocionados de un lado a otro del campo para ver si el agua llegaba a todas partes”.

E abofé que chegou: coido que a raíña Leticia falou e chorou con algunhas mulleres concentradas nunha praza da vila; o Rei Felipe VI intercambiou opinións e apertas con algúns dos que o apupaban tanto a el como á súa comitiva; o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, fixo mutis polo foro, e Carlos Mazón, presidente da Comunidade de Valencia, ficou no lugar mais sen se deixar ver ata que un cordón de seguranza ficou constituído rodeando ás autoridades. 

Debátese agora sobre a oportunidade ou non desta visita -que para min debeu facerse antes- dos Reis na compaña dos políticos citados. Á raíña, unha das mulleres manifestantes díxolle que “esto no va contra usted, señora”. E un home que tamén se manifestaba, pedíulle ao Rei: “Felipe, haz lo que puedas, por favor”.

Só ultradereitistas?…

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.